miércoles, 21 de agosto de 2019

A aula madruga está enfocada para poder compatibilizar a vida laboral e familiar de todos os pais e nais. 
Esta actividade está subvencionada polo concello de Moaña e é xestionada pola FEANPAS (federación de anpas de Moaña "Arco da Vella ").
A encargada de ofrecer dito servizo no noso centro é a asociación TREBELLOS.

    O horario é de 07:30 a 09:05 h.
     Os prezos deste servizo para este curso 2019-2020 son:



        • Usuarios fixos: 31 € ao mes
        • usuario esporádico: 4 €/día
                                * Dous irmáns fixos : 56 € ao mes
               *Tres irmás fixos: 66/mes

O mes de setembro e xuño o servizo costará 23 €.

Podedes recoller as solicitudes na secretaría do noso centro.